🌱 Alegacións · Monte Cabeza II / SET Soilán II

Alega contra o parque eólico Monte Cabeza II, SET Soilán II e as súas infraestruturas de evacuación

O procedemento afecta aos concellos de Chantada e Antas de Ulla (Lugo), Rodeiro e Agolada (Pontevedra). O prazo de exposición pública permanece aberto ata o 4 de setembro de 2026.

A túa alegación importa. Podes descargar o PDF e presentalo ti ou delegar a presentación na Asociación de Veciños O Piloto. O formulario xera automaticamente a alegación e, se escolles delegar, incorpora tamén a folla de autorización.

Que inclúe o procedemento?

O proxecto inclúe o Parque eólico Monte Cabeza II, parte da Liña Eléctrica de Alta Tensión a 132 kV do Maxal e a subestación eléctrica SET Soilán II.

Segundo a información do proxecto, a SET Soilán II relaciónase á súa vez coas 144 baterías de litio dos proxectos GRX Belesar I e II, cun novo parque de baterías BESS Belesar, coa subestación SEC Soilán e co parque eólico Fanega Wind.

RodeiroAgoladaAntas de UllaChantadaRibeira Sacra
SaúdeRuído continuo dos sistemas de refrixeración e transformadores e ausencia de estudo rigoroso sobre contaminación electromagnética a escasa distancia de núcleos habitados.
Biodiversidade e augaEliminación de vexetación, alteración do equilibrio ecolóxico e risco de contaminación de afluentes, augas subterráneas e acuíferos.
Medio ruralPerda de solo agrario e impacto sobre explotacións agrícolas, gandeiras e turismo, xunto coa devaluación de bens e a falta de retorno económico local.
PatrimonioImpacto na paisaxe e no patrimonio vinculado á Ribeira Sacra, actual BIC e Reserva da Biosfera.

Contido esencial do escrito

Cobre os teus datos

A alegación que se xera usa como base o PDF achegado para esta campaña: non se modifica o texto do escrito; únicamente se incorporan os teus datos, a data e a sinatura. Se delegas a presentación, engádese unha folla independente de autorización.

Como queres tramitar a alegación?

Sinatura *

Asina no recadro co dedo ou co rato. O sistema comproba que exista un trazo suficientemente longo e non acepta un simple clic ou punto. A sinatura consérvase ao facer scroll ou ao cambiar a orientación da pantalla.

Protección de datos

Responsable: ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O PILOTO, con NIF G-27508365.
Finalidade: xestión da alegación e, se así se escolle, presentación ante a administración competente.
Base xurídica: consentimento da persoa interesada.
Destinatarios: persoas responsables da campaña e administración pública competente.

Compartir por WhatsApp