Procedemento Rodicio II · Ourense
🌿 Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde

Alega contra a declaración de utilidade pública e urxente ocupación do parque eólico Rodicio II

Está a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do parque eólico Rodicio II, nos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense), promovido por Engie Proyecto Rodicio II, S.L.U., expediente IN408A 2020/042.

A túa alegación importa. Podes descargar o PDF para presentalo pola túa conta ou delegar a presentación na asociación. O prazo remata o 8 de outubro de 2026 e a delegación estará dispoñible tamén durante ese día.

Parque eólico Rodicio II

Procedemento: Alegacións ao ACORDO do 16 de xullo de 2026 do Departamento Territorial de Ourense, publicado no DOG do 27 de agosto de 2026.

Promotora: Engie Proyecto Rodicio II, S.L.U. · Concellos: Maceda e Montederramo (Ourense).

Prazo: ata o 8 de outubro de 2026, incluído.

DUPUrxente ocupaciónMacedaMontederramo

Ver modelo de alegacións

Suspensión xudicialO modelo de alegacións sinala a suspensión cautelar das autorizacións e cuestiona a urxencia da ocupación.
Ocupación e trazabilidadePídese acreditar parcela por parcela a correspondencia da nova RBDA coa configuración definitiva.
Auga e abastecementosO escrito advirte sobre cursos de auga, mananciais, traídas, captacións e niveis freáticos.
Incendios e erosiónSolicítase revisar a situación ambiental tras os incendios de 2025 e os procesos de erosión e escorrentía.

Cubre os teus datos

O formulario xera o modelo de alegacións de Rodicio II cos teus datos e sinatura. Por defecto queda marcada a opción de delegar a presentación na asociación. Os campos de texto convértense automaticamente a maiúsculas, agás o correo electrónico.

Como queres tramitar a alegación?

Sinatura *

Asina co dedo, rato ou lapis dixital. A sinatura debe ser un trazo suficiente; un punto ou un clic non se considera válido.

Protección de datos

Responsable: ASOCIACIÓN ECOLOXISTAS GALIZA ATLÁNTICA E VERDE (CIF G70601091). Finalidade: xestión da alegación e, se así se escolle, presentación ante a administración competente. Base xurídica: consentimento da persoa interesada. Contacto: ecoloxistas@gmail.com.